InicioCentralBurelaO conselleiro do Mar visita Burela onde puxo en valor a profesionalidade...

O conselleiro do Mar visita Burela onde puxo en valor a profesionalidade da pesca galega

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo en valor este martes a profesionalidade e as boas prácticas da pesca galega e abordou con representantes da OPP 7 de Burela os principais retos e desafíos do sector para 2024, como as consecuencias do veto a certas artes de fondo en 87 caladoiros atlánticos.

En concreto, Villares acudiu á primeira poxa de 2024 da lonxa da devandita localidade, onde compartiu impresións con compradores, exportadores, armadores e empregados, destacando o posto de liderado que exerce esta lonxa a nivel galego, ocupando a terceira posición en canto a facturación, con 41,5 millóns de euros no tres primeiros trimestres de 2023.

Despois, o conselleiro visitou a OPP 7 de Burela, onde se reuniu cos seus representantes e puido coñecer as visitas virtuais postas en marcha pola entidade a través da súa web a embarcacións pesqueiras.

“Estas visitas virtuais fan posible que calquera poida subir a bordo dun barco de palangre de superficie ou de arrastre de fondo de litoral pondo a disposición dos usuarios diferentes puntos de información con vídeos e textos que axudan a comprende mellor como é a actividade que se desenvolve nestas embarcacións”, engadiu a Xunta nun comunicado.

Entre os desafíos da pesca galega para este novo ano, segundo Villares atópase o veto comunitario a certas artes de fondo en 87 áreas do Atlántico nororiental, que foi recorrido pola OPP en conxunto con 16 compañías afectadas ante o Tribunal Xeral da Unión Europea.

O responsable de Mar agradeceu a defensa desta entidade dos intereses do sector, á vez que puxo en valor a importancia de tecer alianzas con outras rexións marítimas europeas para fortalecer esa defensa ante as institucións comunitarias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...