InicioCentralBurelaEva Luaces: "A ubicación é a principal fortaleza para Burela"

Eva Luaces: “A ubicación é a principal fortaleza para Burela”

Eva Luaces é a nova presidenta de ACIA Burela aínda que xa estivo no cargo cando se formou a asociación hai 12 anos. Anima a instalarse en Burela para crear novas iniciativas, novas ideas e así crear un espazo económico dinámico e atractivo. O dinamismo é a principal idea que trae Eva Luaces para mover o sector comercial e hostaleiro nesta vila.

Publicada o

- Advertisement -

-Cal foi a motivación para presentar a túa candidatura para presidir ACIA?

Houbo renovación da directiva e cando saímos da reunión ese día, tres compañeiras que fundaramos ACIA Burela hai doce anos, e en vista dos cambios que viñan decidimos presentar a nosa candidatura. Somos xente creativa, de sectores diferentes, xa estiveramos na directiva catro anos cando se fundou ACIA e ese foi o motivo, a renovación da directiva.

-Cales son os obxectivos que vos marcades a nova directiva de ACIA Burela?

A presidencia son dous anos como mínimo e os nosos obxectivos son dinamizar a actividade comercial da vila, forxar marca e identidade de ACIA Burela e sobre todo darlle visibilidade á hostalaría e ao comercio de Burela dándolle esa visibilidade a cada un dos socios e tamén aumentar o número de socios. Agora somos sobre os 123 socios.

-Como levaredes adiante as accións de dinamización tanto do comercio como da hostalaría burelesas?

Con campañas dinámicas como foi a de Nadal. Agora mesmo estamos elaborando o calendario de traballo de 2024 e intentar visibilizar sectores.

-Cal sería a campaña que tedes como a máis destacable?

Todos os sectores son importantes. O comercio e a hostalaría é un traballo de día a día, pois ser autónomo é moi duro como digo eu, traballas todo o ano. A campaña de Nadal, xa dixen, foi moi dinámica, fixemos un premio dun chupa-chups de ouro valorado en 3.000 euros e cada socio bailaba co chupa-chups. Subiamos isto ás redes e as persoas preguntábanse que tenda sería, onde sería e ao final fíxose un sorteo que lle tocou a un veciño de Burela.

-Describe as fortalezas do mercado e da hostalaría bureleses?

A ubicación é a principal fortaleza para Burela porque temos a sorte de termos ao pé Alcoa e dentro da vila temos o porto e o hospital. Esa é maior fortaleza do noso comercio. Logo está a profesionalidade, pois eu considero que calquera sector comercial de Burela está moi preparado, é moi vangardista, está moi profesionalizado e sobre todo ten empatía e proximidade da xente que traballa no comercio.

-Burela é un bo sitio para instalar unha nova iniciativa?

Desde logo que si. Podo contestar ademais que eu levo trinta e oito anos coa miña tenda e estamos encantados. A xente de aquí implícase co comercio e ademais até aquí vén xente de toda a comarca e desde logo que iso implica unha oportunidade.

-Sobre o comercio online, como estades ligados a el, tedes plataforma propia?

No calendario de traballo que estamos creando gustaríanos introducir cursos de formación. Eu mesma desde o meu negocio fago vendas a través de Instagram e Facebook, aínda non teño a web activa que é un dos nosos proxectos para este ano. Coma nós creo que hai máis tendas e outras que teñen xa as teñen activas e tamén hai quen as ten como un propósito. Así en ACIA queremos levar adiante cursos para aprender a deseñar webs, como funcionan e sobre todo, porque entendemos que a día de hoxe as webs e a venda online son un punto de venda moi forte. Temos que unirnos a estas novas plataformas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...