InicioCentralBurelaBurela únese á Estratexia de Promoción da Saúde e Preveción do Sistema...

Burela únese á Estratexia de Promoción da Saúde e Preveción do Sistema Nacional de Saúde

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela adhírese á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional

Mañá venres 19 de xaneiro, ás 19:00 horas no auditorio da Casa da Cultura, haberá un acto de presentación do proxecto á cidadanía que terá unha duración aproximada dunha hora.

Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promocionar a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades entre outros, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.

A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia científica, dirixidas a promocionar hábitos de vida saudables, previr enfermidades e lesións, actuando de maneira integral sobre factores tales como a actividade física, a alimentación ou o benestar emocional, entre outros”, explica a alcaldesa, Carmela López.

Os concellos deben ter un papel fundamental para a implementación deste tipo de estratexias de promoción da saúde, co obxectivo de influír de maneira directa e positiva na vida as persoas e mellorar a súa calidade de vida. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...