InicioCentralBurelaBurela entra na Estratexia de Promoción e Prevención do SNS

Burela entra na Estratexia de Promoción e Prevención do SNS

Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promocionar a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.

Publicada o

- Advertisement -

O auditorio da Casa da Cultura acolleu este pasado venres o acto de presentación da adhesión do Concello de Burela á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional

Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promocionar a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.

“A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia científica“, explica a alcaldesa, Carmela López

“Saúde en Todas as Políticas é un enfoque de saúde pública que toma en conta, de maneira sistemática, as implicacións das decisións sobre a saúde, busca sinerxias, e evita impactos negativos sobre a saúde, co obxectivo de mellorar a saúde da poboación e a equidade en saúde”, engade López.

“A partir de xa crearemos unha mesa de traballo onde todos os veciños e veciñas de Burela se vexan representadxs e un mapeo de todos os recursos de saúde cos que conta a nosa vila: rutas, cursos, servizos… para que cada un de vós sexa coñecedor de todos os lugares e actividades que contribúen á saúde e ao benestar na nosa vila”, remata a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...