O Concello de Burela participa este ano en Fitur para promocionar os atractivos da vila como destino turístico de natureza e para as familias.
A alcaldesa de Burela, Carmela Lopez, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, participarán en varias actividades e manterán reunións cos touroperadores presentes en Fitur, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo.
“Desde a pandemia, cada vez hai un maior interese polos destinos como Burela, onde ofrecemos natureza, gastronomía e desconexión para toda a familia”, asegura Carmela López.
Ademais, Burela participará nas actividades previstas en Fitur pola Mancomunidade de Concellos da Mariña, como a presentación do seu novo vídeo promocional, ‘A Mariña, Galicia de corazón’.
“É moi satisfactario ver o interese do sector turístico pola Mariña en xeral e por Burela en particular, somos un pobo moi acolledor cun gran patrimonio mariñeiro e natural, un lugar inmellorable para uns días de descanso”, engade a alcaldesa.