InicioCentralBurelaO Concello de Burela leva a pleno a nova ordenanza de terrazas

O Concello de Burela leva a pleno a nova ordenanza de terrazas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela leva ao pleno deste xoves para a súa aprobación inicial a nova Ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública. “Era necesario aprobala e para ter o mellor texto posible abrimos unha consulta veciñal e modificamos o primeiro borrador tras unha reunión co sector”, explica a alcaldesa, Carmela López, que garante que o obxectivo do concello “é axudar á hostalaría e compaxinar a súa actividade co benestar veciñal”.


O grupo de goberno local impulsou o regulamento ante o incremento das terrazas e do espazo público empregado para as mesmas. “É unha boa sinal e o que queremos é establecer un equilibrio entre a actividade económica e o impacto que provoca”, engade a alcaldesa.


Para a redacción da normativa, houbo unha reunión co sector da hostalaría tras a que o concello “fixo modificacións do primeiro borrador atendendo as súas peticións”. Abriuse tamén unha consulta pública a traves dun formulario para que todos os veciños e veciñas enviasen a súa opinión.


“O texto dinamiza, simplifica e facilita o uso de actividades económicas privadas na vía pública, compaxinándoo co resto das actividades e o respecto ao medio ambiente urbano. Todo iso, fixando procedementos e condicións técnicas claras e sinxelas, en aras do interese xeral e velando por garantir o respecto aos dereitos dos viandantes, os consumidores e a seguridade das instalacións”, remata Carmela López.


Na sesión de mañá levase tamén para a súa aprobación a desafectación do ben inmoble onde se sitúa a Fundación Eu Son, cambiando a súa cualificación de ben de dominio público a ben patrimonial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...