InicioCentralBurelaA Garda Civil detivo a un home en Burela por unha agresión...

A Garda Civil detivo a un home en Burela por unha agresión con arma branca

Ocorreu no domicilio e produciulle á vítima varios cortes coa navalla.

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil detivo a un veciño de Burela de 27 anos como suposto autor dun delito de lesións graves con arma branca. Segundo a información trasladada polo Instituto Armado, os feitos ocorreron nun domicilio, onde o presunto autor produciulle varios cortes á vítima cunha navalla no rostro e no pescozo.

A vítima foi atendida das feridas no Hospital de Burela, tal e como comunicou a Garda Civil. Ademais, as dilixencias policiais foron postas a disposición xudicial.

ROUBOS EN FOZ E EN VILALBA

Tamén na Mariña, a Garda Civil detivo o domingo a un mozo de 23 anos en Foz como suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación. Os feitos tiveron lugar nunha rúa da localidade, onde o agora detido “roubou con violencia un bolso”. Unha persoa que se atopaba nas inmediacións do lugar dos feitos logrou deter ao presunto autor.

Posteriormente, a vítima identificou a esta persoa como o autor do roubo con violencia do seu bolso. As dilixencias policiais foron postas a disposición xudicial.

Por outra banda, o Instituto Armado tamén imputou en calidade de investigado a un veciño de Las Palmas de Gran Canaria de 34 anos e a unha veciña da Coruña de 36 anos como supostos autores dun delito de furto nun supermercado de Vilalba.

Neste caso, os feitos tiveron lugar este luns no interior dun supermercado. Alí, segundo a Garda Civil, os presuntos autores furtaron bens por un valor de 250 euros.

DETIDO EN MONTERROSO

Ademais, a Garda Civil tamén informou dun detido en Monterroso, veciño de Santiago de Compostela, de 48 anos de idade, por portar droga. En concreto, o detido levaba no interior dunha sudadera tres landras supostamente de haxix e unha bolsita pequena de plástico que contería 13 gramos de heroína.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...