InicioCentralBurelaVanessa Vila Verde: "Daremos continuidade en principio ao que xa hai en...

Vanessa Vila Verde: “Daremos continuidade en principio ao que xa hai en Proxecto Neo”

Vanessa Vila Verde é profesora de lingua portuguesa no IES Perdouro e despois deste curso levará adiante Proxecto Neo, unha ferramenta de inclusión para mozos e mozas, sobre todo inmigrantes, con dificultades para integrarse academicamente. A importancia de Proxecto Neo veuse en resultados académicos para moitos e moitas rapazas que logo realizaron estudos máis alá do bacharelato.

Publicada o

- Advertisement -

-Vas “asumir” o Proxecto Neo, a súa dirección, é así?

Si. Proxecto Neo é un espazo que creou Bernardo Penabade e tamén dirixiu durante todos este anos. O caso é que Penabade xubílase a finais deste ano lectivo e así, digamos, asumo a dirección do programa. Estamos aínda no proceso de aprendizaxe e vendo como se prepara todo.

-Tes preparados algúns perfís para abordar Proxecto Neo?

Nun principio a idea é dar continuidade ao que xa hai. Seguirmos co programa de radio como ferramenta didáctica e educativa que funciona moi ben e permite ao alumnado que non teñen bos resultados dentro do sistema tal e como é, pois ese alumnado aprende a asumir compromisos, ver que a aprendizaxe non é só receber senón receber e dar. Así pois, de momento non teño nada perfilado para dar continuidade ao proxecto tal e como existe. Aproveitar o coñecemento do contorno de Burela, que o alumnado coñezan as persoas de Burela, os proxectos da vila e sexan eles propios quen busquen maneiras de obter información por eles mesmos.

-Isto sería unha maneira de fortalecer a idea de interrelacionar as diversas realidades sociais e culturais que viven no concello?

A idea é dar voz a través de Proxecto Neo a todas as expresións sociais e políticas que existen nesta vila. Isto coa idea de que o alumnado coñezan esas iniciativas e mesmo participar delas dalgunha forma. Ao mesmo tempo é unha maneira de abrir horizontes e que a educación non está só dos muros da escola para adentro pois tamén está fóra deses muros e dentro desa participación aprendemos e crecemos as persoas.

-Tes pensado incidir o teu traballo sobre algunha parte social ou cultural de Burela e que se reflicte no alumnado do Perdouro?

Pois non especialmente. Si é certo que durante este ano lectivo estamos tentando coller e dar un espazo ao alumnado que procede da comunidade caboverdiana e abrírmonos á súa lingua, que poidan expresarse na lingua aprendida por eles no seu país de orixe ademais de darlle esa dimensión internacional á nosa lingua, o galego. Queriamos incidir por aí, pois eles moitas veces gustan de expresarse en galego, e por iso queremos facer ver que coa lingua falada por eles tamén teñen cabida na nosa.

-Que respostas ves dentro das diferentes comunidades que se achegan a proxecto NEO?

Sobre todo vexo vontade de participar, de estar aí cando é necesario estar, nese sentido é moi positiva a participación do alumnado.

-Algunha comunidade ten interese especial na aprendizaxe da túa materia, lingua portuguesa?

A cousa vai de vagar, non hai ofeta de portugués nos niveis da ESO como segunda lingua. Só se está ofertando en bacharelato e ofrecemos o programa CUALE que é para formación para preparar as probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas. O ano pasado houbo unha tentativa de ofrecelo como primeira lingua pensando na comunidade caboverdiana, mais houbo un número moi baixo de matriculados e non puido saír adiante.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...