InicioCentralBurelaDeteñen un home en Burela acusado de tráfico de drogas desde o...

Deteñen un home en Burela acusado de tráfico de drogas desde o seu domicilio

O arresto deste individuo, de 45 anos e veciño da localidade mariñá, produciuse o pasado martes e foi posto a disposición do xulgado na mañá deste mércores, segundo comunicou o Instituto Armadao.

Publicada o

- Advertisement -

Un home foi detido en Burela pola Garda Civil acusado de traficar con droga desde o seu domicilio, no que os axentes requisaron 60 gramos de cocaína.

O arresto deste individuo, de 45 anos e veciño da localidade mariñá, produciuse o pasado martes e foi posto a disposición do xulgado na mañá deste mércores, segundo comunicou o Instituto Armado.

As pescudas dos investigadores seguiron a esta persoa durante meses despois de ter información que o relacionaba coa venda de estupefacientes en locais e zonas de lecer nocturno de Burela.

O seguimento iniciado o pasado ano permitiu relacionar ao arrestado coa actividade delituosa, que levaba a cabo desde o seu domicilio, ao que se desprazaban os consumidores para adquirir cocaína.

Despois de varias aprehensións de cocaína nos arredores da vivenda, os investigadores levaron a cabo un rexistro domiciliario no que interviñeron 60 gramos de cocaína, unha báscula de precisión, máis de 600 euros en efectivo en billetes pequenos e moedas, así como reloxos, xoias e teléfonos que a Garda Civil relaciona coa venda de estupefacientes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...