IniciosociedadeDenuncia que o hospital da Mariña queda sen especialistas en Uroloxía e...

Denuncia que o hospital da Mariña queda sen especialistas en Uroloxía e Dixestivo

Publicada o

- Advertisement -

A CIG Saúde A Mariña vén de denunciar que o hospital da Costa queda sen especialistas en Uroloxía dende este venres até o luns e que será o HULA e a través dun teléfono quen atenda e decida se os pacientes necesitan ingreso. De ser así, o paciente será trasladado para ingresar no HULA. “No día de hoxe xa foron derivados para ingreso ao HULA tres pacientes da Mariña”, sinalan.

Do mesmo xeito “dende hoxe ás tres ata o mércores non hai endoscopista no Hospital da Mariña e os pacientes serán derivados tamén ao HULA”, confirman dende a central sindical.

Dende CIG Saúde A Mariña, exixen á Directora do Distrito Sanitario da Mariña, María José Cortés Canay, que exerza as súas competencias e que empregue os recursos necesarios para garantir unha atención de proximidade, e de non ser capaz de defender a atención sanitaria da veciñanza da Mariña que presente a súa dimisión.

Diante disto pregúntanse se “é este un exemplo do futuro da sanidade pública da Mariña anunciado por Rueda”, ao que solicitan que indique “como se atende unha urxencia urolóxica vía telefónica e a máis de 100 quilómetros de distancia”.

Que foi da promesa de que ían vir os médicos de Lugo a reforzar o hospital cando a realidade é o “continuo traslado de pacientes ao HULA”.

Por iso demandan saber “onde anda agochado nestes momentos Rueda para que nos relate cales son os máis e mellores servizos que ían implantar, onde está a blindaxe do hospital ou cales son os numerosos profesionais que ían vir para Burela”. Diante desta situación animan a todos os usuarios e usuarias e presentar reclamacións oficiais a través do servizo de Atención ao Paciente.

A central nacionalista considera que debe primarse o dereito da cidadanía a recibir unha atención sanitaria de calidade pública. Con este obxectivo subliña que “a CIG Saúde da Mariña estivo, está e estará na defensa da sanidade pública, dos dereitos das traballadoras e traballadores, do dereito dos veciños e veciñas da Mariña a contar con servizos médicos de calidade tanto no hospital como nos centros de saúde da comarca”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...