InicioCentralBurelaRecepción en Burela ás xogadoras do Pescados Rubén

Recepción en Burela ás xogadoras do Pescados Rubén

O equipo burelao de fútbol sala feminino acadou a súa sexta Supercopa, a quinta obtida de xeito consecutivo polas deportistas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anuncia este domingo terá lugar a recepción das xogadoras do Pescados Rubén Burela de fútbol sala, que veñen de gañar unha nova Supercopa de España en Toremolinos.

O equipo burelao de fútbol sala feminino acadou a súa sexta Supercopa, a quinta obtida de xeito consecutivo polas deportistas.

Con tal motivo, no marco das celebracións do entroido na carpa da praza da Mariña, as integrantes do equipo farán a súa aparición como convidadas especiais para festexar o título xunto á veciñanza. O acto terá lugar ás 19:30.

“Será unha visita moi especial, posto que con este novo título, as nosas guerreras puxeron, unha vez máis, o nome de Burela en todo o alto”, sinala a alcaldesa da localidade, Carmela López. “Queremos darlles o recibimento que merecen, polo que animamos a toda a veciñanza a asistir”, engadiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...