InicioCentralBurelaA Garda Civil detivo a un mozo de Burela por agredir a...

A Garda Civil detivo a un mozo de Burela por agredir a unha muller

A víctima insistiu en que descoñecía o motivo, porque nunca vira a esa persoa antes.

Publicada o

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Burela, de 19 anos de idade, como presunto autor dun delito de lesións, tras agredir a unha muller á que non coñecía e, ao arrestalo, puideron comprobar que sobre el pesaban varias requisitorias xudiciais de procura, detención e personación.

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado en Foz, cando unha muller abordou a unha patrulla da Garda Civil para denunciar que acababa de ser agredida por un home ao que non coñecía de nada.

A muller presentaba lesións na cara e posible fractura do tabique nasal, polo que un dos axentes quedou con ela para atendela e solicitar asistencia sanitaria, mentres que o outro iniciou a procura do presunto autor dos feitos pola praia da Rapadoira.

Finalmente, localizou a un home que respondía á descrición facilitada pola vítima pero, cando este se decatou da presenza policial, iniciou a fuxida a pé, ata que foi alcanzado e detido, aínda que ofreceu gran resistencia. A muller recoñeceuno como autor da agresión, aínda que insistiu en que descoñecía o motivo, porque nunca vira a esa persoa antes. O detido foi posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...