InicioPolíticaO Parlamento pide elaborar un plan para fortalecer a formación náutico-pesqueira na...

O Parlamento pide elaborar un plan para fortalecer a formación náutico-pesqueira na Mariña

Insta á Xunta a estudar a emisión de certificados de profesionalidade, a organización de cursos e a demanda para a implantación nos centros educativos de ciclos formativos e FP-Dual

Publicada o

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia aprobou este venres a proposición non de lei impulsada polo PP para instar á Xunta de Galicia a elaborar e desenvolver da man do sector unha planificación que permita fornecer de formación náutico-pesqueira aos profesionais da Mariña Lucense.

A iniciativa do partido conservador refírese á emisión de certificados de profesionalidade marítimo-pesqueira ou á organización de cursos para a adquisición e revalidación de competencias necesarias.

Tamén se solicita ao Goberno galego que estude a demanda para a implantación nos centros existentes da bisbarra de ciclos de formación náutico-pesqueira e da FP-Dual.

Actualmente, A Mariña conta con dúas aulas de formación pesqueira: unha situada en Burela e outra en Celeiro. A seguinte, en proximidade, ubícase en Cariño.

O deputado popular Daniel Vega subliñou que “a comarca da Mariña Lucense constitúe un referente no eido da pesca, albergando dous dos principais portos galegos no que á facturación en lonxa se refire, como son os peiraos de Celeiro e Burela”.

Vega subliñou que “a formación é un dos grandes aspectos que a frota e as súas tripulacións demandan para seguir mantendo unha actividade competitiva”.

É habitual, neste senso, que os mariñaos teñan que optar por cursos de pago ou trasladarse a outras comunidades autonómas para completar os seus estudos, así como desprazarse a cidades como Pontevedra ou A Coruña para examinarse nas especialidades de teleformación

POLÉMICA ENTRE PP E PSOE

A necesidade de formación náutico-pesqueira na Mariña Lucense motivou ao longo dos últimos meses unha polémica entre o PSdeG e o PP.

No pasado mes de setembro, os socialistas reclamaron unha escola de formación marítimo-pesqueira para potenciar o sector na bisbarra, o que rexeitaron os populares.

A principios do pasado mes de decembro, o PSdeG presentou unha proposición non de lei para fortalecer a formación pesqueira na bisbarra, que foi tombada polos conservadores.

Daquela, o PP avogou por “analizar a implantación” nos centros existentes de ciclos de formación náutico-pesqueira e da FP Dual. Finalmente, os populares sacaron adiante a súa proposta coa súa maioría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...