IniciosociedadeUsuarios da Fundación Eu Son e Aspanane ensaiarán o seu voto de...

Usuarios da Fundación Eu Son e Aspanane ensaiarán o seu voto de cara ás eleccións de maio

Unhas 500 persoas de toda Galicia participarán este venres nun simulacro electoral, logo da aprobación do sufraxio para os discapacitados intelectuais

Publicada o

- Advertisement -

Unhas 500 persoas con discapacidade intelectual galegas participarán o vindeiro venres, 5 de abril, nun simulacro electoral organizado por FADEMGA plena inclusión Galicia. Entre elas, cidadáns da Mariña Lucense, en Viveiro e Burela.

A votación en Burela celebrarase no consistorio burelao, coa colaboración da Fundación Eu Son. En Viveiro, os usuarios de Aspanane ensaiarán o seu voto de cara ás eleccións xerais e municipais de maio no concello viveirense. As dúas convocatorias serán de 11.00 a 13.00 horas.

O simulacro únese a moitos outros celebrados en comunidades como Madrid, Asturias, Castela e León ou Valencia, co obxectivo de celebrar o cambio histórico que supón a aprobación do dereito ao voto para os discapacitados intelectuais, tal e como recolleu nunha reportaxe o Xornal da Mariña.

MATERIAL ADAPTADO

A convocatoria tamén ten a intención de reclamar a necesidade de material adaptado para unha lectura doada de cara a “exercer este dereito en igualdade de condicións ao resto dos cidadáns”, e de analizar e avaliar posibles dificultades para solventalas de cara aos comicios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...