InicioEconomía"A frota que ten o 90% dos barcos distintos de cerco e...

“A frota que ten o 90% dos barcos distintos de cerco e arrastre leva o 17% da cota de xarda”

Galicia e Asturias pedirán o xoves ao Goberno central un reparto máis equitativo dos totais de captura da cabala, que premian polo excesivo peso da historicidade a País Vasco e Cantabria

Publicada o

- Advertisement -

A frota da Mariña Lucense agarda con interese a xuntanza do vindeiro xoves, 11 de abril, entre representantes do Ministerio de Pesca e das confrarías de Galicia e Asturias, polo reparto da cota de xarda.

As comunidades autónomas do noroeste peninsular piden rematar cun sistema vixente desde o ano 2014, que privilexia -cun peso de ata o 85% nos baremos de puntuación- aos territorios cunha maior tradición histórica na pesca da cabala, como son País Vasco e Cantabria.

O presidente da Federación de Confrarías de Lugo e tamén da agrupación de pósitos española, Basilio Otero, pide que se teñan en conta “máis criterios socioeconómicos” e resume a desigualdade contrapoñendo dúas cifras: “a frota que ten o 90% das embarcacións de artes distintas ao cerco e ao arrastre, leva o 17% de cota“.

Otero asegura que a situación é tal que nalgunhas provincias “a pesquería está a punto de pechar“; non así na de Lugo, onde as embarcacións da Mariña Lucense teñen unha cota asignada individualmente en función dos postos de traballo cos que conta cada empresa.

As negociacións prevense complicadas, dada a negativa de Cantabria e País Vasco a modificar as premisas de asignación de cota. “Vai ser moi difícil, porque neste caso para darnos algo terán que quitarllo a alguén”, expón Otero.

As confrarías asturianas e galegas esperarán a coñecer as propostas do Goberno central para decidir se convocan máis protestas como a que celebraron no pasado mes de marzo, na que repartiron cinco toneladas de xarda entre a veciñanza de Oviedo para visibilizar a falta de cota.

ABUNDANCIA E BOS PREZOS

O pasado día 5 cumpriuse un mes de campaña da xarda, desde que iniciou as capturas a frota de artes menores. Segundo os datos de Pesca de Galicia, a lonxa de Burela alixou no que vai de campaña 1.492.952 quilos de xarda, que se vendeu a un prezo medio de 1,36 euros, resultando un volume de negocio de 2,03 millóns de euros.

Celeiro, pola súa banda, moveu ata o de agora 317.176 quilos de cabala, cun prezo de 1,61 euros, do que deriva unha facturación de 509.151 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...