As frotas de Burela e Celeiro súmanse a un proxecto que recupera lixos mariños para reciclar

Calcúlase que anualmente oito millóns de toneladas de plástico chegan ao mar e o 75% terminan no seu fondo

Porto de Burela. J. FIGUEIREDO

EFE. Os portos pesqueros de Celeiro, Burela e Corme sumáronse ao da Coruña para participar no proxecto ‘Upcycling the Oceans‘ que recupera os lixos mariños para reciclar e darlles unha segunda vida, sumando así máis de 1.380 pescadores galegos que colaboran nesta causa.

Calcúlase que anualmente oito millóns de toneladas de plástico chegan ao mar e o 75% terminan no seu fondo, provocando graves consecuencias nos ecosistemas mariños, unha contorna de vital importancia para Galicia, informou Ecoembes nun comunicado.

SETE BARCOS BURELAOS, 50 CELEIRENSES

A iniciativa, que impulsan a propia agrupación ecoloxista e a Fundación Ecoalf de xeito conxunto e coa que colabora Portos de Galicia, é a primeira deste tipo que se lanzou en España e conta coa colaboración de 40 portos en todo o país.

En total, xa son 85 barcos galegos os que participan nesta iniciativa, de forma que aos 14 barcos que participan na Coruña, sumáronse sete arrastreiros en Burela, facendo tamén partícipe ao resto da frota; preto de 50 embarcacións en Celeiro e 14 en Corme.

Coa implantación do proxecto ‘Upcycling The Oceans’, que no porto da Coruña arrincou en 2018 co apoio de Portos do Estado, e á colaboración de 140 pescadores coruñeses á fronte deses 14 barcos, o pasado ano conseguiuse liberar aos fondos mariños de 1.105 kilogramos de residuos, dos que 787 quilogramos eran plásticos.

“SEGUNDA VIDA” PARA OS RESIDUOS

Ademais, a nivel estatal ao longo de 2018 logrouse recoller un total de 140 toneladas de residuos e o proxecto conta na actualidade coa colaboración de máis de 3.700 pescadores e 620 barcos en 40 portos do Mediterráneo, o Golfo de Cádiz e Galicia.

Neste sentido, a directora de comunicación de Ecoembes, Nieves Rey, afirmou que “a incorporación de novos portos en Galicia a esta iniciativa é unha fantástica noticia que mostra o compromiso dos galegos coas contornas mariñas que os rodean”.

Pola súa banda, o presidente e fundador da Fundación Ecoalf, Javier Goyeneche, dixo que o obxectivo “non é só extraer o lixo que está esnaquizando os ecosistemas mariños senón demostrar que é posible darlle unha segunda vida converténdoo en produto de alta calidade e duradeiro”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here