A Consellería de Infraestruturas e Vivenda asegura que as obras de ampliación do Hospital da Costa rematará a finais de setembro. Isto supón un retraso de case tres meses sobre as previsións do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que no pasado mes de marzo anunciou que as actuacións estarían listas en xuño.
Segundo fontes da consellería, as actuacións no tocante á estrutura están listas, así como o aparcadoiro e o heliporto. Ficarían por rematar os solos, instalacións e a carpintería interior e unha última fase da actuación que comprende a renovación de 30 cuartos no hospital existente.
a mediados de marzo, o sergas asegurou que a obra estaría rematada en xuño
Segundo avanzou o Sergas, a ampliación suporá un incremento de 1.700 metros cadrados -ata acadar os 4.500- na área de hospitalización, con 24 habitacións. Tamén haberá máis locais de consulta, gabinetes de exploración e unha sala de cirurxía menor. A última parte da obra consistirá na renovación de 30 cuartos do inmoble actual.
A ORGANIZACIÓN DE SERVIZOS, MÁIS MESES
A partir do remate das actuacións comezaría a organización dos servizos que se van trasladar á parte nova do hospital, un período que podería durar varios meses.