O Concello de Burela impulsa un obradoiro de conservas avanzado

A actividade, de balde, será o 20 de setembro e o prazo de inscricións está aberto

Conservas de pementos. AXM

O Concello de Burela impulsará o xoves 20 de setembro un obradoiro de conservas avanzado, dentro da programación da Semana da Mobilidade 2018.

A actividade desenvolverase na praza de Abastos e terá unha duración de tres horas. Os participantes aprenderán a elaborar receitas de xalea de froitas, crema de froitas de tempada, froita confitada ou pementos caramelizados.

Luísa María Granja, ‘Yuma‘, será a encargada de impartir o obradoiro. Ademais, degustaranse produtos elaborados no taller e cada participante levará varias mostras dos mesmos e un pequeno manual con recomendacións e receitas.

INSCRICIÓNS

Anotan para o obradoiro na oficina técnica de xestión ou nos seguintes teléfonos: 982.58.60.00, 982.58.08.67 ou 647.13.66.73. Terán preferencia os veciños e veciñas empadroados en Burela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here