IniciosociedadeDá positivo outro mariñeiro do buque de Burela que atracou en Cantabria

Dá positivo outro mariñeiro do buque de Burela que atracou en Cantabria

Xa son dous dos tres tripulantes os que están contaxiados de coronavirus. Outras dúas embarcacións galegas gardarán unha corentena preventiva.

Publicada o

- Advertisement -

Outro dos mariñeiros do boniteiro galego ‘Mar de Annea’ atracado en Santoña (Cantabria) e procedente de Burela deu positivo por coronavirus, co que xa se confirma o contaxio de dous dos tres tripulantes desta embarcación.

Os tres integrantes da tripulación foron trasladados en transporte sanitario ao albergue de Solórzano. Alí permanecerán en corentena xunto a outros sete pescadores pertencentes a outras dúas embarcacións galegas que realizarán unha corentena preventiva en Cantabria, segundo informou nun comunicado a Consellería de Sanidade.

Ademais, o resto de posibles contactos dirixíronse aos seus portos de orixe, onde as autoridades sanitarias das súas respectivas comunidades autónomas xa están advertidas e encargaranse de tomar as medidas oportunas.  Con esta actuación Sanidade conclúe o control epidemiolóxico dos mariñeiros para centrarse no estudo de contacto noutros ámbitos.

No caso de Cantabria, a Dirección Xeral de Saúde Pública e o Servizo Cántabro de Saúde (SCS) realizarán probas de PCR e seguimento habitual aos pescadores que permanecen illados no marco da activación de todos os protocolos de control e seguimento que o Goberno de Cantabria puxo en marcha para extremar as precaucións, anticipar a detección de posibles casos e proceder de inmediato ao seu illamento e para evitar calquera risco de transmisión da enfermidade.

Saúde Pública realizou as determinacións de posibles contactos dos mariñeiros e en todas as probas os resultados de PCR para COVID-19 foron negativas.   Polo novo positivo detectado hoxe, xa se realizaron en Cantabria un total de 23 PCR na contorna estreita do caso índice e estase facendo seguimento a 32 contactos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...