Burela honra o bonito no 50 aniversario do Reina del Carmen

O Concello impulsou unha xornada festiva na que se homenaxeou a tripulantes e guías do boniteiro

Homenaxeados no aniversario do barco museo. AXM

Os tripulantes e guías do barco museo Reina del Carmen de Burela foron os protagonistas da xornada festiva que impulsou este sábado o Concello con motivo dos 50 anos da saída ao mar do boniteiro, convertido hoxe na única pinacoteca flotante de España.

As antigas tripulacións da embarcación contaron historias dos 30 anos de servizo do buque, utilizado na pesca do túnido que lle deu pan e fama a Burela.

Burela festexou os 50 anos do barco museo. AXM

PROGRAMA

O programa de actividades incluíu unha charla, entrega de agasallos e unha xornada de portas abertas ao barco museo. Entre outras autoridades, participaron no evento o alcalde, Alfredo Llano, a subdelegada de Goberno, Isabel Rodríguez, ou o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, ademais de representantes de Armadores de Burela, S. A. (Absa).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here