Un gol na estratexia a dous minutos do final dá a vitoria ao Burela FS en Castellón

Malia as baixas, o cadro burelao gaña cun tanto de Juanfran e encadena o cuarto partido sen perder

Renato, nun partido da pasada tempada. AXM

Un gol de Juanfran Botía a dous minutos para o final deulle a segunda vitoria consecutiva ao Pescados Rubén Burela, que dobregou ao Bisontes Castellón a domicilio (0-1) e segue invicto no que vai de tempada.

O conxunto que adestra Juanma Marrube afrontaba a priori, trala saída a Mengíbar, outra das visitas máis complicadas da Segunda División. Fíxoo ademais con baixas importantes, como as de Matamoros, por unha rotura nos aductores, ou Iago Míguez.

Sen embargo, o cadro burelao deu mostras de solidez e soubo conter ao cadro local. No minuto 38, Juanfran resolveu ao rematar un córner que quitou Renato.

TERCEIRA POSICIÓN

Con esta vitoria, o Pescados Rubén Burela suma sete puntos e colócase na terceira praza, por detrás do Soliss Talavera e do Betis. O cadro burelao regresará a vindeira fin de semana a Vista Alegre, onde se medirá ao Tenerife (sábado, 18.30 horas).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here