Renovan o apoio financeiro a confrarías da Mariña para a renovación da frota

Abanca Mar renova a súa colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo nun convenio que procura a mellora da eficiencia enerxética e a sustentabilidade.

Acto de renovación do convenio celebrado en Burela.

Abanca renova a súa colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e os depósitos da provincia co apoio financeiro para a renovación da frota. Para iso, Abanca Mar volve habilitar as hipotecas navais e préstamos a tipo fixo, que permiten introducir prazos amplos ou carencias para incentivar a construción de novas embarcacións, a remodelación ou a segunda adquisición de barcos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.

O convenio tamén ofrece outro financiamento adaptado e competitivo para investimentos sustentables nos buques e no resto da industria, co ánimo de promover a mellora da eficiencia enerxética e a sustentabilidade.

O acto tivo de rúbrica tivo lugar en Burela e voltou ser presencial, tras as reunións telemáticas celebradas nos últimos meses con estes representantes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here