InicioCentralBurelaPetiscos de pescada no Camiño de Santiago para promocionar o sector do...

Petiscos de pescada no Camiño de Santiago para promocionar o sector do mar de Burela

sta acción pasará polos municipios galegos de Pedrafita do Cebreiro, Lugo, Vilalba, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Cervo e Burela, ademais dos da comunidade veciña

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) promocionará a pescada de petisco nunha ruta que pasará por oito municipios galegos e seis de Castela e León. Así, desenvolverase unha ruta paralela ao Camiño de Santiago con 18 experiencias turísticas –10 en Galicia e o resto en Castela e León– cunha degustación deste produto típico de Burela (Lugo).

Este proxecto presentouse este luns no Centro Superior deHostalería de Galicia, en Santiago, nun acto no que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou que “esta acción contribuirá a enxalzar un dos mellores produtos do mar de Galicia“.

En concreto, esta acción pasará polos municipios galegos de Pedrafita do Cebreiro, Lugo, Vilalba, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Cervo e Burela, ademais dos da comunidade veciña. Un total de 27 entidades participan nesta iniciativa entre institucións, restaurantes, aloxamentos e adegas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...