InicioCentralBurelaBurela contrará unha logopeda para a Unidade de Atención Temperá

Burela contrará unha logopeda para a Unidade de Atención Temperá

O contrato terá unha duración máxima de 3 anos ampliables ata 12 meses máis.

Publicada o

- Advertisement -

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este mércores a convocatoria e as bases reguladoras do proceso de selección dun/dunha logopeda que estará adscrit@ á Unidade de Atención Temperá como funcionar@ interin@.

As bases que rexen a selección e as condicións da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello ou na web municipal. “O programa de carácter temporal de prestación do servizo de logopedia terá unha duración máxima de 3 anos ampliables ata 12 meses máis se o xustificase a duración do correspondente programa”, destacou a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López,

Os profesionais interesados en optar a esta convocatoria dispoñen de 8 días hábiles, contados a partires de mañá, xoves, para presentar toda a documentación esixida.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...