A protectora de animais “Bigotes” de Burela está nun “estado nefasto”. É a denuncia que fai a súa responsable, Anxélica Arsila, que denuncia que non hai luz e as instalacións están nun estado “lamentable”.
En declaracións á Cadena Cope, Arsila di que non teñen subministración eléctrica, contan con só dous caniles, a teitume componse dunhas placas débiles que cando chove non ofrecen protección suficiente e as instalacións “aláganse”.
“A falta de electricidade leva a que, en ocasións, non poidamos nin recargar o lector de chips para identificar aos cans abandonados”, critica. Lembra que no ano 2018 chegaran un acordo co Concello para a cesión dunhas novas instalacións, pero desde entón “nada de nada.