InicioCentralBurelaBurela modificará a ordenanza municipal para que bares e restaurantes non paguen...

Burela modificará a ordenanza municipal para que bares e restaurantes non paguen polas terrazas

Tamén aprobará un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 90.000 euros para facer fronte ao pago de facturas pendentes. Alfredo Llano agarda que as festas do 2022 xa se poidan celebrar "con normalidade".

Publicada o

- Advertisement -

O pleno ordinario que se celebrará este xoves no Concello de Burela, someterá a aprobación un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 90.000 euros para facer fronte ao pago de facturas pendentes e tamén a derrogación da ordenanza nº 18, que é a relativa ás terrazas da hostalería, para que o sector non teña que facer fronte a esa taxa durante varios meses. O equipo de goberno preparará unha nova ordenanza, que agarda comezar a aplicar en xaneiro de 2022.

O concello calcula que a finais de xullo xa pode estar aprobada definitivamente esa derrogación que entraría en vigor nos meses de agosto, setembro, outubro, novembro e decembro, nos que o sector hostaleiro non terían que pagar esta taxa.

Ademais, o concello destacou que volverá redactar esta ordenanza nos termos que sexan máis beneficiosos tanto para o municipio como para os usuarios. “Como consecuencia desta derrogación os hostaleiros saen beneficiados porque durante varios meses non van ter que pagar pola ordenanza das terrazas, o cal nestes momentos é un beneficio para este colectivo tan afectado pola pandemia”, indica o rexedor Alfredo Llano.

FESTAS

Por outra banda Llano agarda que as festas patronais de Burela se celebren con normalidade o vindeiro ano. “Agora toca facelo seguindo as normas ditadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á pandemia do covid”, apunta nun comunicado.

Llano dixo que se están a celebrar as festas de Burela, adaptadas á normativa da seguridade sanitaria para “facer as cousas da mellor maneira posible”. “Son unhas festas que polo menos lembren, motiven e fagan unha unión de pobo minimamente, que é o que nos parece máis adecuado”, engade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...