InicioCentralBurelaConvocada unha concentración polo desmantelamento da quenda de tarde da atención primaria...

Convocada unha concentración polo desmantelamento da quenda de tarde da atención primaria en Burela

Será o vindeiro martes 29 de xuño ás 12 horas diante do Centro de Saúde.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca unha concentración diante do Centro de Saúde de Burela o vindeiro martes 29 de xuño ás 12 horas en protesta polo desmantelamento do servizo de atención primaria en quenda de tarde.

A quenda de tarde neste cento de saúde é un servizo recente, pois Burela era o único concello da Mariña duns dez mil habitantes que carecía del. Esta quenda responde á necesidade de apatar os servizos sanitarios aos horarios de traballo da poboación. Desde a súa creación foi aumentando o número de usuarios que escolleron este equipo asistencial, chegando ás trescentas cartillas, o que significa un bó número de persoas para un servizo incipiente.

AS CITAS PARA AS QUENDAS DA TARDE ESTÁN PARALIZADAS

O abandono do servizo por parte do Sergas comezou hai uns meses cando pasaron ao facultativo á quenda de mañá para a cobertura dunha baixa e relegaron a atención en tardes a dous días . Desde hai quince días quedaron suspendidas as consultas nas tardes e bloqueadas as citacións , sen dar explicacións ás persoas usuarias.

A Plataforma anima aos veciños a unirse á concentración xa que comentan que “á eliminación da asistencia en quenda de tarde, súmase á negativa de contratar persoal sanitario”. Desta forma destacan que “o pilar básico da atención sanitaria queda nunha situación de caos. Non descartamos extender as concentracións a outras localidades da comarca”, conclúe a coordinadora da Plataforma, Monste Porteiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...