Varias localidades da Mariña súmanse ás manifestacións de rexeitamento do asasinato de Samuel Luiz

Entres elas están Ribadeo, Burela, San Cibrao, Mondoñedo, Viveiro e Foz.


A organización Avante LGBT+ convocou unha serie de concentracións para este luns ás 20,00 horas por toda Galicia, co obxectivo de mostrar a denuncia e repulsa do conxunto da sociedade tras a morte dun mozo de 24 anos por unha malleira ocorrida na madrugada do sábado na Coruña.

Ademais de nas principais cidadedas galegas, varias localidades da mariña se suman a esta concentracións. No caso da comarca, para esta tarde foron organizadas protestas nas prazas dos Concellos de Burela, Foz, Viveiro, Mondoñedo, Ribadeo ou San Cibrao.

O suceso, que tivo lugar na Avenida de Buenos Aires minutos despois das 03,00 da madrugada do sábado cando unha serie de persoas propinaron unha malleira mortal ao mozo, segue baixo a investigación da Policía Nacional.

Nas últimas horas, as redes sociais acolleron unha onda de mensaxes baixo o hashtag ‘#JusticiaParaSamuel’, ante a posibilidade de que se trate dun ataque homófobo. Con todo, este extremo aínda non foi confirmado por fontes oficiais, dado que o caso atópase baixo segredo de sumario. De feito, as mesmas fontes apuntan a un teléfono móbil como orixe deste conflito.

Neste contexto, a propia organización Avante LGBT+, convocante das mobilizacións do luns, pide a través do seu Twitter “que se esclareza se se tratou dun asasinato ‘LGBTfóbico’ como indican testemuñas” dos feitos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here