InicioCentralBurelaXacarandaina en Burela o vindeiro sábado 10 de xullo

Xacarandaina en Burela o vindeiro sábado 10 de xullo

O espectáculo desenvolverase respectando o protocolo covid e as normativas sanitarias en vigor.

Publicada o

- Advertisement -

Xacarandaina actuará en Burela o vindeiro sábado, 10 de xullo. Será ás oito da tarde na praza da Mariña. Danza 3Xacobeo 21-21. Así se denomina o espectáculo de baile e música tradicional que ofrecerá Xacarandaina, que asegura no seu facebook que “a través da Federación XOC e cos nosos compañeiros de O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos, seguimos traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio Inmaterial”.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a asistir e a disfrutar desta actuación de Xacarandaina, un grupo con máis de 40 anos de vida, “que deleitará con baile e música tradicional galega”. O espectáculo desenvolverase respectando o protocolo covid e as normativas sanitarias en vigor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...