A Concellería de Cultura de Burela organiza un obradoiro infantil de iniciación ao graffiti, que terá lugar durante a celebración do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte en agosto. O prazo de inscrición ábrese o 12 de xullo.O obradoiro vaise facer durante o desenvolvemento do Certame de Pintura Mural Amarte, que se vai celebrar entre o 5 e o 8 de agosto. O taller será gratuíto.
O sábado 7 de agosto das 11:00 horas ás 14:00 horas os nenos de entre 10 e 15 anos van facer un graffiti no muro pintando xunto cos artistas deste certame. Os nenos estarán acompañados por dous monitores que “lles ensinarán as técnicas máis básicas de iniciación para aprender a facer eses debuxos que fan os artistas de Amarte”, explica o concelleiro de Cultura.