InicioCentralBurelaBurela di adeus á Feira do Bonito ante a emerxencia de contaxios

Burela di adeus á Feira do Bonito ante a emerxencia de contaxios

Non haberá as tradicionais casetas de degustación no porto.

Publicada o

Adeus á Feira do Bonito de Burela. A suba continuada de casos de covid vén de obrigar a suspender a tradicional celebración que cada ano lle rende este concello mariñán ao peixe. A cita terá que desenvolverse dunha forma distinta co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria, en palabras do alcalde, Alfredo Llano.
En consecuencia, non haberá Feira do Bonito ao xeito tradicional con degustación de túnido en diferentes preparacións no peirao, pero o “príncipe azul” estará presente na hostalería local, que ofrecerá tapas e menús elaborados con este produto. O obxectivo é seguir potenciando e promocionando deste xeito o bonito de Burela.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...