A Xunta financia con case 300.000 euros a 25 perceptores da Risga en seis concellos da Mariña

Viveiro contará co apoio do Goberno galego para realizar dez contratos, Burela e Ribadeo cinco cada un, Cervo e Mondoñedo dous e Ourol un.

Oficina de emprego de Burela. AXM

A Consellería de Emprego e Igualdade destina 287.600 euros para facilitar a contratación de 25 persoas perceptoras da Risga (renda de integración social de Galicia) que se encargarán de realizar obras ou servizos de interese xeral en seis concellos da Mariña.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explicou que a medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

En canto á distribución das achegas aprobadas, Viveiro contará co apoio do Goberno galego para realizar dez contratos, Burela e Ribadeo cinco cada un, Cervo e Mondoñedo dous e Ourol un. No conxunto da provincia de Lugo, a Xunta destina preto de 900.000 euros (892.500 euros) a colaborar con 16 concellos para contratar a un total de 68 persoas perceptoras da Risga.

O importe da subvención que se concede ás entidades beneficiarias será o equivalente ao necesario para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, durante un período de nove meses.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here