Cativos traballan na intelixencia espacial a través dun mapa de Burela

Os participantes da Academia A Mariña saíron ao centro de Burela para realizar actividades.


A Escola de Minitalentos da Academia a Mariña, de Burela, aposta polas metodoloxías novidosas para inculcar aos máis cativos valores de responsabilidade, colaboración e creatividade. Neste caso, os participantes saíron ao centro de Burela, acompañados polo seu profesorado, para traballar a intelixencia espacial a través dun plano de Burela.

“Apostamos por unha metodoloxía novidosa incentivando aos nenos a potenciar a súa imaxinación”, explican dende a Academia.

A escola comezou a súa actividade a fianis do pasado mes de xuño e continuará coa súa programación ata o próximo 3 de setembro, sendo así a octava edición desta Escola de Minitalentos. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here