InicioCentralBurelaUnha profesora da Escola de Música de Burela selecionada para formarse na...

Unha profesora da Escola de Música de Burela selecionada para formarse na Academia de Budapest

Andrea Vilar é unha pianista de só 23 anos que rematou a súa carreira o ano pasado con matrícula de honra.

Publicada o

- Advertisement -

Andrea Vilar, ata agora profesora de piano da Escola de Música de Burela, foi seleccionada para formarse na Academia de Música de Budapest, “un dos centros mais prestixiosos, para o estudio do piano, do mundo”, segundo subliña o directo da Escola de Música de Burela, Xan Carballal. Para o xerente “esta noticia ben confirmar o bo momento que vive o noso país, e en particular a Escola de Música de Burela, no que ao talento musical se refire”.

Andrea Vilar López é unha pianista nada en Rábade, de 23 anos de idade. Despois de rematar os seus estudos no Conservatorio Xoán Montes de Lugo, trasladouse a Barcelona para estudar o Superior de Interpretación Clásica e Contemporánea na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC), título que rematou no 2020 con Matrícula de honra. Despois diso, compaxinou un ano de perfeccionamento da man do profesor Kennedy Moretti en Madrid, co máster en investigación musical e coa docencia na Escola de Música de Burela.

Neste mes de setembro despois de ser seleccionada, continuará a súa formación na Franz Liszt Academy de Budapest baixo a tutela do pianista húngaro András Kemenes. Ademais dos estudos formais, nos últimos anos recibiu clases de profesores como Pierre Laurent Aimard, Eldar Nebolsin e Rita Wagner.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...