InicioEconomíaA lonxa de Burela, un exemplo de modernidade e de tradición á...

A lonxa de Burela, un exemplo de modernidade e de tradición á hora de cantar os prezos dos peixes

A Xunta destaca que conta cun sistema de adxudicación de poxas dos "máis modernos do mundo".

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este mércores a lonxa de Armadores de Burela onde constatou que este centro de poxas conta cun dos sistemas de venda máis avanzados e modernos do mundo pois é totalmente dixital pero mantén a base tradicional de cantar os prezos a viva voz. Para a adxudicación das distintas especies as cotizacións son cantadas por un ordenador e os compradores mercan pulsando simplemente o botón dun mando que cada un deles ten preasignado.

A titular de Mar lembrou a importancia de que o sector aposte de xeito constante pola innovación con actuacións coma esta, que contou cunha axuda da Xunta de Galicia cofinanciada co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca de máis de 160.000 euros a través dun proxecto presentado polo grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal na convocatoria de achegas de 2021. Ademais, sinalou, “trátase dunha mellora que permite a adxudicación dos lotes de forma automática cando así o sinalan os compradores, permitindo unha trazabilidade e disposición de datos contables instantáneas”.

Este sistema, que se instalou en probas a comezos de xuño, permite dixitalizar totalmente a poxa das capturas que chegan a esta lonxa, a segunda máis importante de Galicia en canto a facturación. Trátase dun avance importante tendo en conta tamén que Burela é un dos referentes na comercialización de especies como a pescada do pincho ou o bonito do norte, produtos moi demandados en toda España pola súa calidade ao ser capturados con artes de pesca moi selectivas.

A representante do Executivo galego animou aos representantes da lonxa de Burela (Armadores de Burela SA, ABSA) e do conxunto do sector a seguir apostando por este tipo de melloras que, dixo, “contribúen a optimizar o labor dos profesionais do mar e a impulsar a competitividade dos portos, que son fonte de emprego e riqueza na súa contorna”.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...