InicioCentralBurelaO BNG de Burela pide unha Comisión de Memoria Histórica para retirar...

O BNG de Burela pide unha Comisión de Memoria Histórica para retirar a rúa do bispo franquista Eijo Garay

O grupo político recorda que no 2018 formularan unha moción para a súa retirada e que o alcalde prometera a creación dunha comisión.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Burela solicitou a creación da Comisión de Memoria Histórica. Para isto recordan o pleno do 6 de agosto do 2018, onde se debatiu unha moción formulada polo grupo municipal do BNG para a retirada da Rúa e do título de fillo adoptivo de Burela ao bispo franquista Eijo Garay. Foi entón cando se aprobou unha emenda de substitución do grupo socialista para a creación dunha comisión.

Segundo o acordado no 2018, a comisión estaría formada “por representantes dos grupos políticos da corporación, historiadores ou persoas da cultura, arquitecto e secretario municipal”. Para os nacionalistas “non é unha fórmula que sexa moito do noso agrado pero ese é o acordo que se adoptou“, segundo explicou o voceiro do BNG, Mario Pillado. Dende o BNG recordan que en Burela se atopan “máis vestixios franquistas que deben ser corrixidos por Liberdade, Xustiza e Democracia“, por iso solicitan a creación da comisión.

O primeiro que debería abordar a comisión, como explican dende o BNG de Burela, é a retirada da rúa e do título de fillo adoptivo de Burela ao bispo franquista Eijo Garay, como solicitaran no 2018, pero ademais consideran que esta comisión “pode servir para rebaixar o ton e que o debate sexa tranquilo e sosegado”

PROTOCOLO PARA OS ANIMAIS ABANDONADOS

Á Comisión de Memoria Histórica sumóuselle a petición doutras iniciativas: a proposta de crear un protocolo para a recollida de animais abandonados e a maior vixilancia do acceso de turismos nas rúas peonís. Con respecto ás iniciativas relacionadas coa protectora de animais, Pillado afirma que “foi o que nos fixeron chegar dende a sociedade protectora de animais Bigotes e moitos outros veciños”. A busca de emprazamento temporal para os animais mentres non se constrúan as novas instalacións e os trámites e tempo estimado das obras foron outros asuntos polos que se interesou o grupo nacionalista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...