InicioCentralBurelaUnha Feira do Bonito diferente e especial por mor da Covid

Unha Feira do Bonito diferente e especial por mor da Covid

Ata o domingo, 8 de agosto, teñen lugar xornadas gastronómicas, actuacións musicais.

Publicada o

- Advertisement -

Burela rende estes días unha homenaxe á Feira do Bonito que non se pode celebrar do xeito tradicional, debido á situación sanitaria ocasionada pola pandemia do covid. Ata o domingo, 8 de agosto, teñen lugar xornadas gastronómicas, actuacións musicais, o Certame Amarte e unha exposición dos carteis da feira que se pode ver por todo o pobo. O alcalde burelés, Alfredo Llano, convida a achegarse á localidade para disfrutar de toda esta oferta, pero pide que se faga con responsabilidade e prudencia.

Estes días debéramos estar desfrutando dunha Feira do Bonito que lle correspondería ser este sábado pero, derivado da pandemia, este ano ao igual que o pasado non se vai celebrar como se viña celebrando dunha maneira moi recoñecida porque a asociación”, dixo.

Por iso, o concello falou cos hostaleiros para que levaran adiante unha iniciativa que consiste en ofrecer pratos que teñen bonito tanto en menús como en tapas e racións. “Hai que agradecer a colaboración da gran maioría dos restaurantes, bares e hoteis de Burela nesta campaña”, sinalou o rexedor. Ata o domingo van ofrecer menús todos os restaurantes.

PINTURA MURAL AMARTE

Alfredo Llano sinalou que tamén están traballando xa no muro do porto, a través do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte. Este ano van ser oito obras e o que ven sobre nove para ir culminando o muro. “Hai boa participación, de calidade extraordinaria e é moi interesante de ver. Completaremos o día coas actuacións do Mago Antón, que vai estar na rúa Pardo Bazán todo o día e na Praza do Concello actuará Luar na Lubre ás once da noite”, indicou.

Ademais vai haber obradoiros infantís para facer graffitis na zona portuaria, impartidos por técnicos na materia. Tamén hai unha exposición dos carteis que anunciaban a Feira do Bonito desde o ano 1983 ata hoxe que estará en diferentes partes do concello.

No conxunto o que pretendemos facer, a través do Concello, de toda a restauración e da asociación Ledicia, é darlle importancia ao que fan os nosos mariñeiros pescando o bonito dunha maneira artesanal, respectuosa co medio ambiente e cunha calidade superior”, destacou. Alfredo Llano convidou a veciñas, veciños e visitantes a desfrutar de toda esta oferta “de maneira responsable”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...