InicioCentralBurelaO ciclismo une as asociacións que loita pola diversidade funcional

O ciclismo une as asociacións que loita pola diversidade funcional

O Concello de Burela recibe a Kiko Muñoz, da Asociación Debra Alas de vida que participo na carreira Colina Triste, dentre Soria e Burgos.

Publicada o

- Advertisement -

Burela estivo presente na carreira Colina Triste, entre Soria e Burgos, grazas á participación de Kiko Muñoz, da asociación Debra Alas de Vida, que acompañou a Borja Gómez, coñecido ciclista galego con síndrome de down. O Concello quixo recoñecer a súa labor coa celebración dunha recepción. Xunto a eles, no acto celebrado nas últimas horas, estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.

“Fue un recibimiento que le hicieron en el Concello a Borja Gómez, que es un chico con síndrome de down de Ponteareas, que es muy conocido en el mundillo ciclista porque representa un ejemplo de integración y de inclusión de las personas con diversidad funcional en el mundo del deporte. Fue un honor para nosotros poder contar con él en la carrera de Colina Triste representando a la asociación Alas de Vida”, dixo Kiko Muñoz que destaco que, do que se trata, é de fomentar a integración destas persoas.

Muñoz, da asociación Debra Alas de Vida, valorou o apoio que reciben as súas iniciativas, tanto a nivel particular como institucional, a pesar das dificultades que trouxo a pandemia.

O edil burelés dixo o que desde o concello siempre colaboran no que poden porque “Kiko é sobradamente coñecido aquí en Burela, é un dos artífices de Alas de Vida e está moi implicado no tema social coa asociación Debra, que traballa para mellorar a calidade de vida e os tratamentos para persoas con enfermidades como a pel de bolboreta“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...