- Advertisement -
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou a morte doutro cinco persoas con covid-19 este mércores, co que o número de falecidos elévase a 2.529. Dúas delas da Mariña.
Trátase dunha muller de 85 anos que faleceu na Residencia de maiores de Ribadeo e unha muller de 89 anos, no Hospital de Burela. Tamén faleceron un home de 88 anos, en Povisa (Vigo); outro home de 83 anos, no Hospital de Verín (procedente Residencia Val de Monterrei) e un varón de 93 anos, no Hospital de Monforte de Lemos. Todas as vítimas presentaban patoloxías previas.