InicioCentralBurelaOllo coas feces dos cans en Burela!!!

Ollo coas feces dos cans en Burela!!!

O concello pon en marcha a campaña Eu si que o fago, para concienciar sobre esta problemática.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Medio Ambiente de Burela realizou unha campaña de concienciación sobre a necesidade de recoller as feces dos cans. Para iso está realizando distintas accións, a última, a instalación dunstand na praia de Ril na que participou o alumando da Ocioteca de verán.

Debido á existencia de excrementos de mascotas en moitas zonas peonís ou zonas de recreo, como é o paseo marítimo, as monitoras do Centro Gaia do Concello de Burela acompañadas pola concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, colocaron un stand co lema Eu si que o fago nas inmediacións da praia de Ril.

O alumnado da Ocioteca participou nesta actividade informando aos viandantes da importancia de recoller os excrementos con calquera sistema que se atope no mercado e se é posible, evitando o uso de plásticos que non sexan ecolóxicos ou biodegradables. Na praia de Ril repartíronse recolledores de excrementos Ecopop.

A concelleira de Medio Ambiente explicou que Ecopop é un recolledor de cartón reciclado.Funciona como unha especie de pinza. O seu peche pinza e sela o contido e convérteo nunha caixa con asas. Posteriormente deposítase no colector para residuos orgánicos, para que se descompoña na súa totalidade.

“Recoller as feces dos cans non é agradable, pero é importante non só para manter as cidades limpas e hixiénicas, senón tamén para coidar o noso medio ambiente”, dixo Eijo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...