InicioCentralBurelaMaría Toledo, icona do flamenco actual, este sábado en Burela

María Toledo, icona do flamenco actual, este sábado en Burela

.nterpretará "El amor brujo" en Burela xunto coa orquestra do Festival Bal y Gay.

Publicada o

- Advertisement -

O Festival Bal y Gay afronta a cuarta xornada do seu ciclo ‘Música á beira do mar’ cunha das actuacións máis especiais porque permitirá contemplar á emblemática Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay xunto á popular cantaora María Toledo e o director Jaume Santonja.

O concerto terá lugar este sábado (20:30) no Auditorio de Burela. A orquestra dirixida por Santonja interpretará obras de Debussy e Ravel antes de que María Toledo suba ao escenario para cantar ‘El Amor Brujo’ de Manuel de Falla. Icona do flamenco actual, é a artista que máis veces cantou esta obra por todo o mundo e o seu concerto no festival será a única parada en Galicia da súa actual xira española.

“Faime moitísima ilusión cantar El Amor Brujo no Auditorio de Burela. Quero dar o parabén á organización do festival por esta gran aposta. Para min interpretar a gran obra de Manuel de Falla é todo un pracer. Ademais, imos facer a versión de 1915, que inclúe cancións e recitados. Estou a desexar que chegue o 21 de agosto e dalo todo. Moi emocionada e agradecida a Galicia”, asegura María Toledo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...