- Advertisement -
Un lector do Xornal da Mariña denuncia “a falta de respecto e civismo” ao encontrar “a poucos metros” do punto limpo do Concello de Burela unha gran cantidade de residuos amontonados.
Así, nunha fotografía remitida a este medio pode verse como alguén decidiu tirar ao lado dun camiño de monte restos de tella, cristais e varios electródomésticos.