InicioCentralBurelaDetido un mozo de Burela por roubarlle a un menor un patinete...

Detido un mozo de Burela por roubarlle a un menor un patinete eléctrico

Está acusado dun delito de roubo con violencia e intimidación.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Burela de 22 anos de idade como presunto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación por agredir a un menor para subtraerlle un monopatín eléctrico.

Segundo informou o Instituto armado, os feitos teñen lugar na localidade lucense de Foz na madrugada do pasado 29 de agosto, cando supostamente o presunto autor, que se atopaba en compañía de varias persoas, agrediu ao menor e subtraeulle o monopatín, valorado en 450 euros.

Tras os feitos e a través das redes sociais, a Garda Civil sinalou que se localizaron fotografías nas que aparece o monopatín eléctrico xunto a outras persoas vinculadas ao posible autor dos feitos e tomadas momentos despois da subtracción. Ante iso, os axentes procederon á identificación do presunto autor e lograron recuperar o vehículo subtraído, que o arrestado gardaba no seu domicilio. Por todo iso, o mozo foi posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...