InicioCentralBurelaBurela cualifica de positiva a súa experiencia en Turexpo celebrada en Silleda

Burela cualifica de positiva a súa experiencia en Turexpo celebrada en Silleda

O stand de Burela repartiu 300 racións de bonito preparado de diversas maneiras mentres se daba a coñecer o produto estrela burelés a varios bloggers.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Turismo fai un balance positivo da presenza, un ano máis, de Burela en Turexpo, na Feira Semana Verde de Galicia durante esta pasada fin de semana. O domingo día 5 de setembro tivo lugar unha degustación de bonito na que se serviron 300 racións en diferentes preparacións. O edil, Ramiro Fernández Rey, mantivo contacto con varios blogguers aos que lles presentou os atractivos turísticos do concello burelés.

O concelleiro de Turismo relatou que “esta fin se semana estivemos na Semana Verde de Galicia, en Silleda. Alí tivemos o noso stand onde promocionamos todos os produtos turísticos do concello ademais da Feira do Bonito”. A lectura que fai Fernández da asistencia a esa feira é moi positiva en tres aspectos. O primeiro é que o stand foi moi visitado. “Houbo moitísima xente que se interesou polos recursos turísticos que ofrecemos en Burela”. A continuación fíxose unha degustación de bonito o domingo, onde repartimos 300 racións de túnido en diferentes preparacións, “unha delas era en albóndegas, outra en empanada e outra en salpicón. Esta degustación tivo un grande éxito”.

Fernández Rey tivo tamén palabras de agradecemento: “queremos agradecer a Ledicia, que foi a encargada da elaboración do bonito polo traballo feito e o que nos axudou para poder levar a cabo a degustación. Tamén queremos agradecer a ABSA, que nos doou o bonito para poder facer a degustación”.

O edil burelés subliñou que “outro aspecto importante foi que tivemos contacto con varios blogguers tanto turísticos como gastronómicos“. Este contacto pode ser bo para o turismo de Burela segundo o concelleiro. “Tamén agradecemos a Conservas Faro de Burela, que desinteresadamente nos regalou dúas caixas con produtos que elaboran na súa conserveira para sortear entre os blogguers”.

E engadiu: “en definitiva, facemos un balance positivo desta feira á que xa levamos varios anos indo. Estamos contentos de poder asistir a ela. Entendemos que é unha feira moi interesante para o turismo que temos en Burela e imos intentar estar nela sempre que sexa posible facendo degustacións e dando a coñecer todos os atractivos turísticos de Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...