InicioCentralBurelaHerminia Pernas será presentada como cronista oficial de Burela este venres

Herminia Pernas será presentada como cronista oficial de Burela este venres

Por outra parte, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, fai unha chamada á participación na Semana Europea da Mobilidade. O programa de actividades arrinca este xoves e prolongarase ata o 22 de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Burela acollerá este venres ás sete da tarde o acto de recoñecemento a Herminia Pernas como cronista oficial da vila. Ata 200 persoas poderán asistir a esta cita na que intervirán a protagonista, o profesor Beramendi González, o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.

O rexedor burelés contou que “non tivemos unha ocasión clara de realizar este acto durante todo este tempo, derivado da pandemia, pero agora si xa o queremos facer e imos ter a oportunidade, dunha maneira colectiva e compartida, mañá no auditorio ás sete da tarde, para todo o mundo que queira acudir. É certo que temos unha limitación de momento de 200 persoas, cando no auditorio podían coller 800, pero é suficiente sobre todo pola cronista para que se vexa arroupada e empezar esta labor, que é moi interesante”.

Llano anima “a toda a xente que poida ir a que vaia por alí e temos que dicir que é algo que nos ilusiona a todos que se poña a traballar o antes a cronista porque sempre é unha labor motivadora para toda a veciñanza. O acto vai contar coa presenza de cronistas da Mariña e tamén vai estar Beramendi González, que foi un profesor dela e que é unha persoa moi interesante. Tamén estaremos o concelleiro de Cultura máis eu para falar un pouco da figura de cronista. Este acto é aberto a todo o mundo cumprindo sempre coas medidas ocasionadas polo coronavirus”.

ESTE XOVES COMEZAN OS ACTOS DA SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, fai unha chamada á participación na Semana Europea da Mobilidade. O programa de actividades arrinca este xoves e prolongarase ata o 22 de setembro. O domingo será o día sen coches e esa xornada varias rúas estarán cortadas ao tráfico para facilitar o desfrute de pequenos e maiores dos xogos, dos talleres e das mesas informativas previstas.

O rexedor dixo que “a Semana Europea da Mobilidade é algo moi interesante que comeza hoxe e abarcará ata o mércores 22. Vai haber unha serie de actividades sobre tráfico e mobilidade. Queremos facer unha semana que chame a atención con respecto á seguridade vial, á responsabilidade vial e todo aquilo que sexa unha alternativa ao vehículo para poder moverse”.

E engadiu: “hoxe comezamos co préstamo de bicicletas para quen queira dar unhas voltas por Burela. Como van ser unhas xornadas intensas e bastante participativas vaise pechar algunha rúa o domingo, polo que pedimos desculpas, pero hai que entender que queremos dar unha importancia clave a esta Semana da Mobilidade. Queremos invitar a todos os colectivos e xente que queira participar para, entre todos, facer algo bonito e que resulte efectivo para a mentalización de ter sempre unha Burela moito mellor no aspecto da mobilidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...