InicioCentralBurelaMoción de apoio do Concello de Burela aos traballadores de Vestas

Moción de apoio do Concello de Burela aos traballadores de Vestas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela aprobou por unanimidade o pasado xoves, unha moción de apoio aos traballadores de Vestas e reclamarlle á empresa o mantemento da súa actividade sen límite temporal. Na sesión tamén foi aprobada a conta xeral do Concello de 2020.

O alcalde, Alfredo Llano, quixo resaltar  que “consideramos que debemos apoialos, así o fixemos e así llo expresamos aos membros do comité que nos solicitaron que, unha vez que se acordou constituír a mesa industrial que se convocase o máis urxente posible”.

O rexedor explicou que esta moción pretende manifestar o apoio do Concello de Burela aos traballadores e traballadoras afectadas polo peche da instalación de Vestas de Viveiro. Tamén instar á Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para que, dentro das súas propias competencias, se adopten todas as medidas necesarias para esixir á empresa Vestas que reconsidere a súa decisión do peche en busca de solucións alternativas.

Na petición engadiuse por petición dos traballadores que se convoque xa a mesa industrial porque necesitan que se faga con urxencia. “No pleno acordamos por unanimidade esta moción e imos estar en todo aquilo que precisen os traballadores”.

OUTRAS MOCIÓNS

O alcalde burelés sinalou que no mesmo pleno se aprobou unha moción, presentada polo Grupo Popular, na que fai a petición da creación dun arquivo histórico cultural de carácter dixital. “Pensamos que é unha boa idea e realmente o grupo de goberno xa está traballando e así o expresa na súa páxina web onde existen iniciativas para levar a cabo certas cuestións derivadas da cultura e da historia que teñan carácter dixital”.

Sobre este punto, engadiuse que está en marcha un proxecto onde as diferentes rutas por Burela teñan códigos QR distribuídos de tal xeito que poidan explicar a todo o mundo o que está a ocorrer. “Queremos ter dixitalizado todo, pero tamén suficiente material presencial. Ambas cousas son compatibles”.

Por último, o alcalde engadiu que “o PSOE presentou unha moción para reclamar que a alfombra floral de Burela da asociación cultural Burela Floral apareza na lista do patrimonio inmaterial da humanidade”. Desde o Concello consideran que as alfombras son singulares no mundo por ser “un labor colectivo onde moita xente está creando esas alfombras, se a Unesco o concede sería moi bo para toda a xente que traballa nisto e tamén para o pobo de Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...