A Escola Municipal de Música de Burela abre un taller de danza e movemento que se impartirá do 25 ao 29 de outubro a cargo da profesora Marina Rojas. Na cita, que foi presentada este mediodía, poden participar nenas e nenos a partir de 4 anos, adolescentes e tamén adultos.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que esta actividade quere mostrar a danza como outra matería dentro da Escola de Música e por iso se baralla a idea de incluíla na oferta do curos 2022-2023. Díaz sinala que a opción de danza está resultando “moi atractiva entre a xente máis nova”.
Díaz engadiu que a esta actividade poden apuntarse nenos de catro anos para adiante, adolescentes e adultos. As prazas son limitadas aínda que non hai un número definido. Segundo evolucione a inscripción, así se irá vendo os grupos que se poden establecer. Para inscribirse hai que chamar á Casa da Xuventude al 982 58 11 41.
No acto de presentación participaron o concelleiro de Cultura, José Díaz, o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, e a profesora Marina Rojas.