InicioCentralBurelaBurela mellora a iluminación do pavillón de Vista Alegre

Burela mellora a iluminación do pavillón de Vista Alegre

O concelleiro de Obras explicou que “a obra ten un presuposto de 14.916,84 euros, procedentes de fondos propios municipais. Pensamos que esta semana quedará a obra rematada, xa que os traballos deron comezo hai uns días".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela realiza obras de mellora na iluminación do pavillón Vista Alegre. O investimento, procedente de fondos propios, ascende a máis de 14.000 euros. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, contou que foi unha demanda do Burela FS e que o esforzo realizado é necesario pola imaxe que se ofrece do pobo nas retransmisións deportivas.

O edil salientou que “xa se fixeran actuacións nese eido alí, pero a verdade é que aínda non conseguíamos a calidade lumínica que se necesitaba, sobre todo para as televisións”. Ramiro Fernández sinalou tamén que “ao final é a imaxe do pobo e consideramos necesario facer ese esforzo e intentar mellorar esa iluminación tanto para os equipos profesionais como tamén para todos os usuarios e usuarias do pavillón”.

O concelleiro de Obras explicou que “a obra ten un presuposto de 14.916,84 euros, procedentes de fondos propios municipais. Pensamos que esta semana quedará a obra rematada, xa que os traballos deron comezo hai uns días“. Os traballos de mellora consisten en substituír as lámpadas que había por unhas campás led de 200 vatios. Tamén se aproveitaron estas obras para cambiar cadros e corrixir algún defecto eléctrico das instalacións.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...