InicioCentralBurelaA concellería de Inmigración de Burela entra no movemento polo Comercio Xusto

A concellería de Inmigración de Burela entra no movemento polo Comercio Xusto

Isto realizarase no marco da campaña "Aquí e Acolá O Xusto", realízase en Burela a feira Comercio Con Sentido, de produtos de comercio xusto, que terá lugar na Praza da Mariña o vindeiro venres, 22 de outubro, entre as 11:30 e as 19:00 horas.

Publicada o

- Advertisement -

O comercio xusto chega a Burela da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos.

No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, realízase en Burela a feira Comercio Con Sentido, de produtos de comercio xusto, que terá lugar na Praza da Mariña o vindeiro venres, 22 de outubro, entre as 11:30 e as 19:00 horas.

Segundo explica a concelleira de Cooperación, Noelia Mª Ben, “os e as asistentes á feira Comercio Con Sentido poderán achegarse á realidade que existe detrás dalgúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café”. A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixes, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega a Europa. Ademais os/as asistentes tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre.

Á feira asistirá alumnado dos IES Perdouro e o IES Monte Castelo en horario de mañá para sensibilizar aos máis xoves neste ámbito. A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...