InicioCentralBurelaMaría José Pardiñas: "Somos o único centro da Mariña que imparte o...

María José Pardiñas: “Somos o único centro da Mariña que imparte o CUALE en portugués e para toda a comarca”

María José Pardiñas é a directora do IES Perdouro de Burela. Este curso o centro impartirá o nivel B1 de portugués entre alumnos de diferentes titulacións. O obxectivo é conseguir unha integración social de alumnos e alumnas de orixe diversa grazas ao programa CUALE.

Publicada o

- Advertisement -

-Cales son as principais motivacións que levan ao IES Perdouro a levar adiante unha iniciativa como a de impartir cursos B1 de lingua portuguesa?

Basicamente son dúas. Aproveitar a dimensión internacional do galego, isto é, validar os coñecementos que xa temos para acadar o título. Esto estaría, sobre todo, orientado ao alumnado “autóctono”.  Abrir a porta aos recén chegados, é dicir, facilitar a acollida do alumnado chegado dos países da lusofonía. No caso de Burela, temos: portugueses, caboverdianos e brasileiros. Todos eles teñen uns coñecementos moi superiores ao nivel que cursan, pero non tiñan xeito de acreditalo.

-Esta actividade inclúese dentro do programa CUALE para a formación complementaria en linguas estranxeiras. Cal foi o motivo polo que o IES Perdouro quixo participar neste programa e cales foron as claves para ser seleccionado desde o seu punto de vista?

Éramos conscientes de que había esa necesidade e dirixímonos á Consellería para ofrecer esta alternativa. Fomos atendidos e agora mesmo temos unha oferta de vangarda xunto con outros dous centros en Galicia. Cremos que a Consellería de Educación tivo en conta a situación específica de Burela. Somos o único centro da Mariña que imparte o CUALE en portugués pero, non estamos dando servizo só a Burela, senón que ofertamos un servizo público para toda a Mariña que permitirá certificar estes estudos. Penso que nos deberían ter en conta para poder certificar, así mesmo, o nivel de coñecemento en galego, moi importante para os estudantes da zona e, moi especialmente, para as persoas chegadas doutros lugares.

Aproveitar a dimensión internacional do galego, isto é, validar os coñecementos que xa temos para acadar o título

-Existe un perfil de alumno ou alumna con máis interese por este curso que outros?

Dos doce alumnos e alumnas que cursarán o B1, tres cursan módulos de Formación Profesional e nove estudan Bacharelato, catro cursan segundo e cinco están en primeiro.

-Dentro dos niveis de coñecementos en linguas estranxeiras, o nivel B1 é o coñecemento intermedio. Cales son as vantaxes que pode recoller o alumnado de cara o desenvolvemento profesional cun nivel B1?

É o punto de partida, é o mínimo nivel que puntúa (oposicións) e abrimos a porta a que en cursos posteriores completen o resto de niveis.

Cremos que a Consellería de Educación tivo en conta a situación específica de Burela.

-Sen saír do ámbito local máis inmediato do centro que son Burela e os concellos que o arrodean, como cre que pode influír este tipo de iniciativas no desenvolvemento social destas poboacións?

Para as comunidades migrantes é unha oportunidade, porque nunca antes puideron acreditar os seus coñecementos.

-Como se vai impartir o curso de Portugués B1 e cal é o alumnado matriculado nel?

Combinase a teoría coa práctica e é un sistema formado por 4 destrezas: comprensión lectora, audición, exposición escrita e conversa. Para obter o título deben realizar e superar probas das catro destrezas. Temos matriculados doce alumnos e alumnas, seis estudantes de orixe caboverdiana, unha portuguesa, unha brasileira e catro “autóctonos”.

Dos doce alumnos e alumnas que cursarán o B1, tres cursan módulos de Formación Profesional e nove estudan Bacharelato, catro cursan segundo e cinco están en primeiro.

-Faranse experiencias como a de visitar lugares onde se fale portugués?

Se a situación sanitaria o permite, si.

-Teñen concertado algún tipo de acordo ou colaboración con centros en Portugal?

Xa temos colaborado hai anos con centros de Portugal e agora mesmo estamos contactando con outros novos.

-Van animar á participación do alumnado en futuras edicións? Como o farán?

Por suposto! Esta vez non nos deu moito tempo e non tiñamos a certeza de que o ían conceder, pero estamos a facer un grande esforzo de comunicación. Así, o día da presentación, puidemos contar coa participación de Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística), con María Vilaverde Lamas (Xefa do Departamento de Portugués da EOI de Lugo), Alfredo Llano (alcalde de Burela) e Nilda Borges (como representante da Comunidade Caboverdiana). De cara ao curso que vén comezaremos antes a dar a coñecer esta oferta, co fin de que poida aproveitala o maior número de persoas.

Temos matriculados doce alumnos e alumnas, seis estudantes de orixe caboverdiana, unha portuguesa, unha brasileira e catro “autóctonos”

-Teñen en estudo algunha outra iniciativa como esta para futuros cursos? Pensan nalgunha en concreto.

Temos a idea de continuar ofertando máis niveis, para dar continuidade ao alumnado deste curso, e conseguir acreditar o de galego para que poidan tamén certificar no noso idioma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...